A paradoxal asimilación da actividade teatral anterior á Guerra Civil no momento refundacional do teatro galego
2 julio 2015
Una lectura feminista de Soñar en cubano, de Cristina García
2 julio 2015
Sobre falsificacións e traumas: do galego antigo ao contemporáneo

 

Número: ITINERARIOS, Vol. 20/2014

Autor(es): Xosé Ramón Freixeiro Mato

Artículo: Ver PDF

Para citar: http://itinerarios.uw.edu.pl/sobre-falsificacions-e-traumas-do-galego-antigo-ao-contemporaneo

Resumen:

A Gallaecia foi durante séculos no período medieval o reino cristián alternativo á Hispania musulmá na península ibérica e tivo unha forte presenza en Europa, mais na historia oficial española o reino da Galiza case non existe ou figura simplemente como subsidiario dos reinos de Asturias ou de León e Castela; os documentos medievais menciónano constantemente e concédenlle moita relevancia. Ao mesmo tempo, o reino da Galiza incluía unha boa parte de Portugal na altura e a lingua común neses territorios era o galego, lingua cortesá e lingua poética por excelencia. Mais ese brillante pasado do galego no período medieval contrasta cos séculos escuros que viñeron a seguir. Castela exerce o seu poder colonizador sobre a Galiza en canto Portugal a ignora, de tal modo que será menosprezada e marxinada polos dous reinos peninsulares que teñen a súa xénese na antiga Gallaecia. A fala e as xentes galegas comezarán a ser ridiculizadas tanto na corte castelá como na portuguesa. Como consecuencia, a lingua irá perdendo prestixio entre as propias persoas que a falan e darase inicio a un longo proceso de substitución do galego polo castelán, o que vai xerar ao longo dos próximos séculos na sociedade galega preconceptos lingüísticos, baixa autoestima das e dos falantes da lingua propia, deslealdade lingüística, complexo de inferioridade e mesmo autoodio.

 

Palabras clave: Galiza medieval, Castela, galego, complexo de inferioridade, autoodio