Nación, literatura, identidade. O caso do provincialismo galego e a proposta de Murguía
2 julio 2015
A paradoxal asimilación da actividade teatral anterior á Guerra Civil no momento refundacional do teatro galego
2 julio 2015
Os dereitos das mulleres no teatro (de homes) das Irmandades da Fala

 

Número: ITINERARIOS, Vol. 20/2014

Autor(es): Laura Tato Fontaíña

Artículo: Ver PDF

Para citar: http://itinerarios.uw.edu.pl/os-dereitos-das-mulleres-no-teatro-de-homes-das-irmandades-da-fala

Resumen:

Para contextualizar o tema, este artigo comeza expoñendo a situación das mulleres no teatro galego das primeiras décadas do século XX, atendendo á súa participación nas actividades dramáticas como escritoras, tradutoras, actrices e tamén, desde a perspectiva da temática, como protagonistas das obras da época, as do teatro social ou teatro de tese. Móstrase a escasa presenza de escritoras, así como os prexuízos sociais que tiñan que superar para traballar como actrices; canto ao tratamento que recibían no teatro de tese, proba que as mulleres das clases populares aparecían como vítimas propiciatorias dos poderosos. Entre 1920 e 1936, fronte a unha única dramaturga, Herminia Fariña Cobián (1904-1966), cuxa obra non chegou até a actualidade, houbo catro dramaturgos galegos que escribiron, e estrearon, algunha peza destinada a defender a igualdade de dereitos para as mulleres, tres deles do grupo xeracional das Irmandades da Fala e o cuarto, da Xeración das Vangardas: Donosiña (1920), de Xaime Quintanilla (; Entre dous abismos (1920), de Antón Vilar Ponte Ponte (1881-1936); A tola de Sobrán (1920), Francisco Porto Rey (1876-1941); María Rosa (1921), de Gonzalo López Abente (1878-1963) e Branca (1934), de Luís Manteiga ((1903-1949). O corpo do artigo está constituído pola análise destas obras e a reacción que provocaron nos sectores máis conservadores.

Palabras clave: Teatro galego, estudos de xénero, feminismo, crítica literaria, historia da literatura