Nación, literatura, identidade. O caso do provincialismo galego e a proposta de Murguía

Cara a unha identidade colectiva: imaxinario e normas de repertorio na poesía galega dos 90
2 Julio 2015
Os dereitos das mulleres no teatro (de homes) das Irmandades da Fala
2 Julio 2015
Nación, literatura, identidade. O caso do provincialismo galego e a proposta de Murguía

 

Número: ITINERARIOS, Vol. 20/2014

Autor(es): Xurxo Martínez González

Artículo: Ver PDF

Para citar: http://itinerarios.uw.edu.pl/nacion-literatura-identidade-o-caso-do-provincialismo-galego-e-a-proposta-de-murguia

Resumen:

Ao longo do século xix foise configurando o discurso nacionalista nas súas distintas fases ou expresións (provincialismo e rexionalismo). A literatura desempregaría unha función central para os intereses do provincialismo posto que axudou a configurar un imaxinario común e funcionou como unha ferramenta da cohesión social da comunidade que comparte lazos históricos, costumes ou lingua. A teorización nacional de Galiza axudou a desenvolver a constitución dun (proto)sistema literario, a doutrina política reclamaba a literatura como un escaparate da diferencialidade con respecto ao Estado español. Os trazos que os provincialistas recalcaron como distintivos de Galiza tiveron unha especial presenza na produción literaria. Pero tamén queremos no presente artigo atender ás redes de sociabilidade que se estabeleceron entre os distintos suxeitos da intelligentsia galega, así como poñer algúns exemplos de espazos de relación social. Por último consideramos oportuno atender ao papel desenvolto pola prensa, á aparición da opinión pública e, concretamente, os artigos publicados en dous xornais de distintas épocas por parte de dous destacados líderes provincialistas: Antolín Faraldo e Manuel Murguía. Porque nestas colaboracións explicarían ou trazarían as liñas mestras do que sería a literatura galega ou a configuración do sistema literario galego.

Palabras clave: Rexurdimento, Antolín Faraldo, Manuel Murguía, Sistema literario galego, Literatura galega