“Memoria, infancia, fenda”. Un achegamento á construción da identidade nas voces poéticas femininas máis recentes

Pasados diversos, futuros prometedores
2 julio 2015
Cara a unha identidade colectiva: imaxinario e normas de repertorio na poesía galega dos 90
2 julio 2015
“Memoria, infancia, fenda”. Un achegamento á construción da identidade nas voces poéticas femininas máis recentes

Número: ITINERARIOS, Vol. 20/2014

Autor(es): Antía Marante Arias

Artículo: Ver PDF

Para citar: http://itinerarios.uw.edu.pl/memoria-infancia-fenda-un-achegamento-a-construcion-da-identidade-nas-voces-poeticas-femininas-mais-recentes

Resumen:

A nosa achega artéllase arredor de tres realidades –“memoria, infancia, fenda”– que percorren as poéticas e os poemarios de catro autoras –Dores Tembrás, O pouso do fume (Espiral Maior, 2009); Lorena Souto, Fase de trema (Espiral Maior, 2012); Berta Dávila, Raíz de fenda (Xerais, 2013) e Ledicia Costas, Xardín de inverno (Everest Galicia, 2013)– que, malia a que presentan proxectos poéticos construídos desde coordenadas ben diferentes, coinciden, no seu emprego da escrita poética como campo aberto de reflexión en feminino sobre a construción dun eu que dialoga co pasado –“o eu-nena”–, recupera a temporalidade abstracta da infancia perdida, entendida como momento permeable e chave para a construción da identidade, e sitúase no presente da idade adulta como “suxeito fendido”, definido en tanto que supervivinte e superador de rupturas e continuas reconstrucións.

Palabras clave: “Poéticas da fenda”, Tembrás, Souto, Dávila, Costas