Cara a unha identidade colectiva: imaxinario e normas de repertorio na poesía galega dos 90

“Memoria, infancia, fenda”. Un achegamento á construción da identidade nas voces poéticas femininas máis recentes
2 julio 2015
Nación, literatura, identidade. O caso do provincialismo galego e a proposta de Murguía
2 julio 2015
Cara a unha identidade colectiva: imaxinario e normas de repertorio na poesía galega dos 90

 

Número: ITINERARIOS, Vol. 20/2014

Autor(es): Alba Cid Fernández

Artículo: Ver PDF

Para citar: http://itinerarios.uw.edu.pl/cara-a-unha-identidade-colectiva-imaxinario-e-normas-de-repertorio-na-poesia-galega-dos-90

Resumen:

Desde que Les cadres sociaux de la mémoire de Halbwachs en 1925 postulou a construción social da memoria colectiva, as Ciencias Sociais non desatenderon os estudos sobre a memoria, xa fose enfocando o seu carácter normativo ou a súa relación coa historia. Hoxe, esta asúmese como un mecanismo de reconstrución e resignificación dos elementos presentes ou incorporábeis ao imaxinario social por intereses diversos.
Observando a produción poética galega da década dos 90 (e non só), percíbese a reiteración de certos elementos ligados á historia e á construción da memoria nacional, entre os que podemos atopar desde mencións ao imaxinario atlantista ou medieval, até interdiscursividade e intertextualidade coa literatura popular ou reescrituras da historia literaria. Ao sermos conscientes da ligazón destes marcos coa fabricación das identidades nacionais, e sen deixar de considerar o sistema galego como un sistema se non emerxente, si en loita pola súa definición e contraste, é pertinente cuestionar se certas escollas na produción poética constituíron unha norma de repertorio na altura dos 90. Reformulada por Torres Feijó (2004), esta noción de Itamar Even-Zohar designa aqueles elementos que non delimitan sistemas, pero son promovidos por dotaren de maior xenuinidade os produtos propios dunha comunidade. Nun sistema no que a historiografía e a historia literaria se alicerzaron retroalimentándose, no que a relación entre construción da identidade e construción dun sistema literario propio é decisiva, faise máis nutricia esta revisión.

Palabras clave: teoría sistémica, memoria, identidade, comunidade, poesía galega dos 90