A paradoxal asimilación da actividade teatral anterior á Guerra Civil no momento refundacional do teatro galego

Os dereitos das mulleres no teatro (de homes) das Irmandades da Fala
2 julio 2015
Sobre falsificacións e traumas: do galego antigo ao contemporáneo
2 julio 2015
A paradoxal asimilación da actividade teatral anterior á Guerra Civil no momento refundacional do teatro galego

 

Número: ITINERARIOS, Vol. 20/2014

Autor(es): Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes

Artículo: Ver PDF

Para citar: http://itinerarios.uw.edu.pl/a-paradoxal-asimilacion-da-actividade-teatral-anterior-a-guerra-civil-no-momento-refundacional-do-teatro-galego

Resumen:

A finais da pasada década de sesenta, iníciase na Galiza un proceso de recuperación da actividade dramática vehiculizada en galego. Os participantes nese proceso refundacional do sistema teatral galego ignoraban inicialmente todo o realizado nos palcos do país antes do golpe de estado fascista. O réxime ditatorial encargárase de apagar calquera información que puidese servir de elemento cohesionador da sociedade galega e promovía outros trazos –intensamente folclorizados– que, permitindo unha lasa filiación emocional coa terra, non colidisen coa súa ideoloxía imperialista. A recuperación e a posta en valor do sucedido teatralmente na Galiza antes de 1936 encaixaba perfectamente na vontade de contestación ao réxime e de procura dun espazo galego de participación cidadá que o franquismo negaba, vontade que os tiña levado ao reencontro coa reivindicación nacional. Os envolvidos na actividade escénica galega refundacional foron conscientes de que o coñecemento do pasado enriquece o imaxinario nacional e este representa unha poderosa arma contra a subalternidade. Repásanse aquí os paradoxos en que se tiveron que mexer, pois a actividade teatral galega das primeiras décadas do século XX ficaba temática e esteticamente moi afastada do teatro que se quería facer e trazar a ponte co pasado tornábase difícil.

 

Palabras clave: teatro galego, refundación, lexitimación, recuperación da memoria, imaxinario nacional